As crianzas de Pontevedra pídenlle ao alcalde "festas e unha zona de xogo cuberta para o inverno"

Este encontro con nenos e nenas do municipio encádrase nos contactos que o rexedor pontevedrés está a manter con diferentes sectores sociais e profesionais para analizar as necesidades derivadas da crise sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2020 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Un grupo de nenos pontevedreses compartiron as súas experiencias durante o confinamento co alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, ao que tamén puxeron deberes: máis festas e eventos na rúa e unha zona de xogos cuberta para o inverno.

Así, este martes, María, Lucía, Candela e Nico foron os encargados de trasladar as súas experiencias tanto ao alcalde como ao pedagogo italiano Francesco Tonucci, que participou no encontro de maneira telemática.

Durante os case dous meses de confinamento, as crianzas enfrontáronse a unha nova realidade, marcada polo fin das clases e a saudade polo contacto coas súas amizades, algo que a tecnoloxía puido paliar pero non sustituír.

Tanto María e Lucía, veciñas da parroquia de Lérez, como Nico e Candela, residentes na cidade, coincidiron na descrición das súas experiencias do confinamento, que centraron en tres puntos: a preocupación inicial e o medo a que se contaxiasen os seus pais ou avós; a carga de tarefas escolares e o uso das videochamadas para manter o contacto coas amizades.

Sobre as tarefas escolares, nas que os pais e nais e a tecnoloxía trataron de trasladar aos fogares o traballo dos profesores, os máis pequenos atopáronas "igual de aburridas" que no 'cole'.

Pero o que máis botaron en falta foi o contacto e os xogos cos seus compañeiros, algo que as videochamadas non puideron substituír. Así, Nico relatou a frustada celebración telemática da festa de aniversarios dun compañeiro. "Falabamos todos á vez e non nos decatabamos de nada".

A estas experiencias, tamén sumaron outras positivas como todo o tempo que o confinamento lles permitiu pasar cos pais e as tarefas compartidas, algo que consideraron "extraordinario", e tamén coincidiron en destacar a "alegría" da volta á rúa na última semana.

FERNÁNDEZ LORES

Este encontro con nenos e nenas do municipio encádrase nos contactos que o rexedor pontevedrés está a manter con diferentes sectores sociais e profesionais para analizar as necesidades derivadas da crise sanitaria.

O encontro celebrouse no Teatro Principal cunha reducida (atendendo ás restricións da desescalada) representación da poboación infantil tanto da zona urbana da cidade como do rural.

Durante a súa intervención, Miguel Anxo Fernández Lores asegurou que, neste momento, Pontevedra revélase como "exemplo e referente urbano" para cidades que precisan adaptar os seus espazos públicos á situación 'post-Covid', que esixe máis espazo público dispoñible para que as persoas poidan manter a distancia social e moverse con seguridade.

Neste sentido, Tonucci díxolles aos nenos que teñen "a sorte de vivir nunha cidade como Pontevedra, que xa deu pasos moi importantes que outras cidades aínda non deron, e que é un exemplo cara ao que están a mirar desde todas as partes do mundo".

O pedagogo tamén aproveitou para animar a rapazada a "ser embaixadores de Pontevedra" porque son quen coñecen "de primeira man como ten que ser unha cidade pensada" para os máis pequenos.

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra | Fonte: Pontevedraviva.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta