Galicia foi o único territorio no que aumentou a transmisión de leiras no primeiro mes do estado de alarma

A compravenda de vivendas baixou un 12% en marzo, pero menos que a media.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Galicia a única comunidade na que sobe a transmisión de leiras en marzo (+5,7%), con 7.819 operacións, fronte ao descenso medio do 28,6% en España. O cociente por cada 100.000 habitantes foi de 358, menos que a media (370).

Delas, 3.188 foron transmisións en leiras rústicas (677 por herdanza, 492 por compravenda, 42 mediante doazón, 16 por permuta e 1.961 operacións doutra clase) e 4.631 urbanas (das que 2.416 foron vivendas, 112 solares e 2.103 doutro tipo). As leiras urbanas transmitíronse a través de 2.350 compravendas, 936 herdanzas, 37 doazóns, 7 permutas e 1.301 operacións distintas.

En canto ás vivendas en concreto, con 2.416 transmitidas, correspondéronse coas 1.165 compravendas, 575 herdanzas, 19 doazóns, unha permuta e 656 operacións no apartado doutros.

Compravenda de vivendas en marzo de 2020, primeiro mes de estado de alarma. EPDATA
Compravenda de vivendas en marzo de 2020, primeiro mes de estado de alarma. EPDATA | Fonte: Europa Press

COMPRAVENDAS

Por outra banda, Galicia rexistrou un total de 1.165 compravendas de vivendas en marzo, o que supón un descenso do 12% respecto ao mesmo mes de 2019, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No primeiro mes do estado de alarma, este retroceso en Galicia é menor que o esborralle do 18,6% que se produce en España. Supón a cuarta caída menor entre comunidades. O cociente de operacións por cada 100.000 habitantes foi de 53, a cifra máis baixa de España (con media de 93).

Galicia volve a terreo negativo, xa que cultivara unha alza interanual en febreiro. Das 1.165 operacións de marzo, só 45 son de vivenda protexida e 1.120, libre. Así mesmo, 877 é de segunda man e 288 son vivendas novas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta