A Xunta segue sen resolver un milleiro de ERTEs dous meses despois do inicio do estado de alarma

O número total de traballadores afectados por estes expedientes de Regulación Temporal son 237.411 traballadores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A Xunta aínda non tramitou preto dun milleiro de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) presentados en Galicia --que afectan a 237.411 traballadores--, desde que comezou o estado de alarma, tal e como informou a propia Xunta.

Oficina do paro
Oficina do paro | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Así mesmo, sinala que os traballadores que aínda non cobrasen as prestacións por desemprego do Goberno central poden solicitar á Xunta o seu anticipo tras tramitar xa 36.192 expedientes.
Por provincias, Pontevedra é a que ten máis afectados (83.316), en 12.695 ERTE. Séguelle A Coruña, con 67.429 traballadores en 13.999 expedientes. A máis distancia están os 18.107 afectados en Ourense (4.294 ERTE) e os 15.492 en Lugo (4.161 expedientes).

A estes súmanse os 32.397 empregados en ERTE estatais con incidencia en Galicia, así como os 20.670 de servizos centrais autonómicos en 1.043 expedientes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 José Antoni

E os que resolven o fan mal, no meu caso xa van dúas iteraciós e inda terán que volver a facelo porque si o principio estaba mal, ahora deixárono peor, despóis queixanse que teñen moitas solicitudes, non son moitas, e que están facendo tres veces cada unha porque son uns inútiles.

1 Gamela

Pero quén ten que pagar? Paga a Facenda Galega ou paga Facenda do Estado ?

1 O esquío rabudo

Pero vamos a ver... Que traza ten que a Xunta tramite axudas para adiantar os cartos dos ERTES pendentes, cando ten sen xestionar os ERTES pendentes? Non será mellor que resolvan dunha vez o pendente e non facer dobre traballo e/ou pretender quedar ben cando son un desastre? Que hai xente sen cartos!!!!

1 Ana

Non é q tramite axudas. Negociouse o pago adiantado a través de algunhas entidades bancarias que se prestaron a facelo, ate q a Xunta perciba o capital das axudas (a mais de que é débeda, non axuda do Executivo), procedente do goberno central.