Feijóo quere convocar a millóns de galegos a votar no momento no que se esperan rebrotes da epidemia

Asegura que o seu grupo de expertos dille que hai que facer as eleccións canto antes porque virán milleiros de turistas en xullo e agosto. E, precisamente, o presidente galego quere convocar aos galegos en xullo, en plena época de rebrotes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou para este xoves aos partidos políticos para abordar o horizonte electoral, aínda que avanzou que tanto os informes dos seus expertos sanitarios como o estudo epidemiolóxico que colexios de médicos cualificaron de "non fiable", aconsella que se celebren "canto antes".

Feijóo sinalou que hai "coincidencia" en que o mellor momento sanitario pode estar "a principios de verán" e en que, canto máis se atrase a convocatoria, "máis risco de rebrote haberá". Isto fai que os comicios se puideran celebrar o segundo domingo de xullo, cando a Galicia teñan chegado milleiros de persoas doutras autonomías que poden incrementar o risco de contaxio como o propio presidente recoñeceu.

Así, tras os consellos dos seus expertos e tras escoitar á oposición, Feijóo adoptará a decisión "máis responsable" posible. Con todo, a súa decisión parece xa tomada de antemán, xa que toda a oposición manifestou nos últimos días a celebrar eleccións en xullo, cando o máis importante é pensar na saúde das persoas.

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, deposita o seu voto nas urnas das eleccións xerais do 10N. CEDIDA
O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, deposita o seu voto nas urnas das eleccións xerais do 10N. CEDIDA

O "SEU COMITÉ DE EXPERTOS"

O líder do PPdeG insistiu en defender ir a eleccións cando a pandemia aínda non está controlada en base a informes do seu comité de expertos –sanitarios nomeados polo propio Goberno galego como xefes de área dos seus hospitais públicos-- e en base ao estudo epidemiolóxico da Xunta que colexios médicos xa dixeron que podía ser non fiable. Unha cifra que, de ser certa, suporía que a xente que acuda a votar en xullo ante a chegada de miles de turistas doutras autonomías, como Madrid, podería estar exposta ao virus e transmitilo masivamente nos colexios electorais.

A miña opinión tomeina logo de escoitar aos expertos que teñen nome e apelidos e que ostentan cargos nos hospitais de Galicia e que din é que o mellor é facer as eleccións canto antes e que canto máis se atrasen, máis risco de rebrote haberá”, dixo. Tamén aludiu ao estudo epidemiolóxico –moi criticado pola comunidade médica-- que apunta que só o 1% dos galegos estivo contaxiado.

TURISTAS

E as eleccións de celebrarse a mediados de xullo como quere Feijóo serían en medio dunha chegada masiva de turistas do resto do Estado que poderían contaxiar aos galegos e iniciar os tan temidos rebrotes. Un tema que Feijóo intentou esquivar a pesar de ser preguntado ata en dúas ocasións por Galicia Confidencial e El País.

Entón cambiou a resposta e dixo que o de convocar eleccións en xullo “non é un capricho”. “Tiñamos que ter votado o 5 de abril pero non puidemos facelo”, xustificou polo estado de alarma. Un estado de excepcionalidade xurídica que, curiosamente, non lle vale agora para seguir prorrogando a data electoral. “Non podemos utilizar a excepcionalidade para seguir atrasando os comicios –legalmente a data para celebrar eleccións está vixente ata finais de setembro-- que os expertos non recomendan. Sería sorprendente agora que sexamos criticados por ir votar. E o responsable de facelo é cando hai menos risco e o irresponsable é facelo cando menos risco hai”, xustificou.

CONSULTA COA OPOSICIÓN COMO MERO TRÁMITE

O presidente galego dixo que, en todo caso, consultará a decisión coa oposición, como quedara tras suspenderse os comicios en abril. Con todo, naquela suspensión, acordarase que a nova data electoral sería co “consenso” da oposición. Algo que non semella querer cumprir xa que todos os partidos do Parlamento, agás o PP, xa anunciaron que é unha “temeridade” ir votar en xullo porque se pode poñer en perigo a saúde dos galegos.

A quen semella que parece escoitar máis que á oposición é ao lehendakari Íñigo Urkullu, con que di que fala habitualmente e non ocultou que tamén con el tamén estivo conversando sobre os comicios. De feito, e novamente, Feijóo podería facer coincidir as eleccións galegas coas vascas.

SEGURIDADE DO VOTANTE

O presidente galego non sabe aínda como se garantizará a seguridade dos votantes. “Faremos as consultas correspondentes para tentar facilitar o distanciamento físico para votar e protexer a votantes e incrementar os servizos de seguridade social”, dixo. “Tentaremos buscar unha fórmula flexible para que a xente vaia votar. Este tipo de cuestión se irán definindo porque hai tempo para facelo”, limitouse a responder.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 GAx8

A ver se o Pacma presenta un bo candidato, porque o resto dos partidos non vale moito. Feijoo non ten oposición.

5 Pesimista

Claro que hai que facelas canto antes, precisamente para poder apartar ós pepeiros da Xunta. Bueno, iso sería o ideal, porque na realidade vexo que en Galicia prácticamente non hai "oposición", están desaparesíos. O Bloque xa ten demostrado demasiadas veces que están moi cómodos na oposición, non teñen interese en gobernar. O "Caballero pequeno" xa ten unha longa lista chea de "enchufables" do tío. Os mourados a ver se deixan os retrovisores e se centran. E a Marea orixinal, pre-dilución, coas esperanzas que nos traían, pero quedaron escarmentados, escaldados.... vaia pordiós.

4 Viriatus

Seamos serios. Todo indica que el rebrote fuerte será a partir de septiembre. Entonces no queda otra opción que hacerlas en julio. Otra cuestión es que a Pontona o al PSOE no les salgan las cuentas, porque la realidad es que mal o bien, Núñez Feijóo ha demostrado cierto liderazgo, no sólo gallego. Los amigos vascos del PSOE y BNG pasaron una situación muchísimo peor y las harán en julio. El problema es que Pontona detecta mayoría absolutísima del PP, pero no le pasará nada. Seguirá chupando poltrona hasta la jubilación.

3 Rente

Non entendo o rexeitamento da oposición. O desastre da xestión de Feijoo, posta de manifesto co peche do paritorio de Verín, fronte á extraordinario traballo do goberno de Sánchez daranlle a Caballero unha victoria por goleada. Se un bipartito no Estado o está a facer moi ben, un tripartito aínda o faria mellor.

2 cachamuíña

Pero estes da oposición non eran os que dicían que ían barrer ao PP nas urnas? Non dixo " "Caballero pequeno" que o tempo de Feijóo rematara? Non foi Ana Pontón quen afirmou reiteradas veces que as políticas do PP eran o pasado e serían rechazadas nas urnas pola maioría social do pobo galego? De Gómez Reino, non me lembro do que dixo por que, a verdade,semella que non sabe o que dí, e do outro partido, non sei nin como se chama nin a quen representa. Todos estes políticos, a qué teñen medo? A outra maioría absoluta. A min, a estes políticos só se me ocorre chamarlles dunha maneira, esa, Falabaratos