Denunciadas sete persoas por facer uso do interior dun bar en Ferrol

Con estas sete propostas de sanción ascenden a 360 as denuncias tramitadas por infrinxir o estado de alarma.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol denunciou a dona dun bar e outras seis persoas que se atopaban dentro do establecemento por infrinxir as medidas do estado de alarma.

Segundo informou a Policía Local, as sete persoas denunciadas atopábanse no interior dun bar situado no barrio do Inferniño pasada a medianoite, unha delas a propietaria do establecemento e tres que consumían bebidas, mentres outra fumaba.

As mesmas fontes policiais relataron que cando os axentes, que realizaban patrulla pola zona, entraron no bar comprobaron que alí estaba a dona e outros seis individuos que "non gardaban as distancias nin as medidas de seguridade" establecidas no marco do estado de alarma.

Por todo iso, os policías procederon á súa identificación e denuncia, tras o que pecharon o local, destacaron as mesmas fontes municipais.

Con estas sete propostas de sanción, as únicas que tramitou a Policía Local de Ferrol durante a quenda de noite do martes ao mércores, ascenden a 360 as denuncias tramitadas por infrinxir o estado de alarma. O número de detidos mantense en catro nesta localidade.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta