Feijóo critica a Fernando Simón e resalta o perfil científico dos seus expertos que son altos cargos da Xunta

O presidente galego di dos expertos do Goberno central que "non coñecemos, nin sabemos cales son os méritos científicos".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/05/2020 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incomodouse este mércores tras preguntarlle Galicia Confidencial, a petición dos seus lectores, sobre o seu comité de expertos que lle recomenda facer as eleccións en xullo. Así, criticou duramente aos científicos do Goberno central, personificados en Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas y Emergencias Sanitarias, e resaltou o traballo dos seus expertos, “todos eles xefes de servizo do Sergas e moi recoñecidos”, dixo.

“Vostede acaba de dicir que xullo e agosto será un dos momentos de maiores riscos de contaxio pola xente que pode vir de fóra. Non é unha temeridade que millóns de galegos se xunten en colexios electorais en pleno perigo de rebrotes?”, preguntoulle este medio. A súa resposta foi dicir que el comparece sempre para asumir “todas as responsabilidades” e, de paso, desacreditar o traballo do comité de expertos do Goberno central.

“Desde logo os expertos que ten Galicia non desmerecen doutros expertos que aparecen por aí, nas cámaras, para tentar atraer para si certas responsabilidades”, dixo en alusión ao Fernando Simón.  “Outros non asuman responsabilidades e se refuxien en mans de persoas elixidas de forma concreta e con nomes de expertos que non coñecemos nin sabemos cales son os méritos científicos”, dixo en alusión ao comité de expertos do presidente español, Pedro Sánchez.

A nosa forma de traballar é outra”, comentou ao aludir que el asume en primeira persoa todas as responsabilidades do seu comité de expertos, un comité de expertos que ninguén coñece pero que Feijóo dixo que “están a disposición dos medios por se se lle quere facer algunha entrevista”. “No noso caso todos os expertos son coñecidos e xa exercían en hospitais antes da pandemia. Son xefes de servizo”, dixo en aludir a estes expertos foron nomeados pola propia Xunta como altos cargos do Sergas.

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (Ccaes), Fernando Simón, intervén na rolda de prensa para informar sobre a situación do Coronavirus
O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (Ccaes), Fernando Simón, intervén na rolda de prensa para informar sobre a situación do Coronavirus | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta