Os galegos comezan a ter máis e mellor conciencia da reciclaxe

Depositaron no colector amarelo un 10,1% máis de envases en 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2020 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Os galegos depositaron ao longo de 2019 un 10,1% máis de envases no colector amarelo e 5,6% no colector azul, respecto das cifras do ano anterior, un incremento superior á media nacional, que foi do 9,1%, segundo as cifras presentadas por Ecoembes.

En concreto, explicaron, cada cidadán de Galicia separou para a súa posterior reciclaxe 12,9 quilos de envases de plástico, metálicos e briks. O crecemento na reciclaxe tamén se viu reflectido no caso do colector azul, que nesta comunidade foi do 5,6%, grazas a que cada galego separou 14,9 quilos de envases de papel e cartón.

Con iso, grazas á colaboración dos cidadáns, o pasado ano recicláronse en Galicia un total de 69.570 toneladas de envases de plástico, latas, briks, papel e cartón, unha cifra que foi de 1.505.661 toneladas a nivel nacional.

Colector amarelo de plástico, latas e bricks. ECOEMBES - Arquivo
Colector amarelo de plástico, latas e bricks. ECOEMBES - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta