O PP galego culpa o Goberno central dos 27.000 mortos por coronavirus en España

Miguel Tellado reivindica o modelo de xestión da Xunta da crise sanitaria fronte ao do Executivo de Pedro Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2020 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado reivindicou o modelo de xestión do Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo fronte á crise sanitaria do coronavirus, antes de manifestar que "oxalá" o Executivo central se tivese "anticipado" na mesma medida e así o país "non tería" unha cifra de mortos que supera os 27.000.

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado
O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado | Fonte: Europa Press.

Preguntado sobre se o modelo dos populares galegos, do mesmo xeito que para Pablo Casado, é o da madrileña Isabel Díaz Ayuso, Tellado replicou que "o modelo de Galicia é Galicia", un sistema que "funcionou e resistiu unha proba de tensión histórica" coa pandemia.

O dirixente do PP subliñou que o logro é "de todos" e deu as grazas especialmente aos profesionais sanitarios, antes de precisar que, en todo caso, "a situación de Galicia e Madrid (con moita máis incidencia do virus) non son comparables".

"Pouco podo dicir da Comunidade de Madrid, pero Galicia foi un exemplo de anticipación. Oxalá o Goberno de España tivese a mesma e ese centro de alertas, que depende do Ministerio de Sanidade, alertase, o que non ocorreu", contrapuxo.

"Oxalá houbese esa anticipación no conxunto do país, porque non estariamos hoxe con esa cifra de falecidos próxima a 30.000, se se tivesen activado todas as alertas sanitarias ou simplemente se escoitasen as internacionais que chegaban e non tiñan resposta", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 María Rei

Se pode ser máis mentireiros e rastreiros? Aínda por riba agradecendo aos sanitarios, non vos queda nin unha pizca de dignidade peperros...

1 Celta

PePerros miserábeis. 😡😡😡