De quen é a praia da Lanzada?

Unha sentenza dálle novamente a razón ao Concello do Grove tras un longo litixio xudicial interposto por Sanxenxo e a Comunidade de Montes de Noalla.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/05/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O Xulgado do Contencioso Número 3 de Pontevedra resolveu que a praia e contorna natural da Lanzada pertence ao Concello do Grove.

Nun fallo con data do 5 de maio, desestímanse os recursos do Concello de Sanxenxo e a Comunidade de Montes en Man Común de Noalla contra esta decisión que tomou no seu día o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra. Fronte a esta a sentenza cabe interpor un recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no prazo de 15 días.

Nun comunicado, o alcalde do Grove, José Cacabelos, lamenta o "cansazo e perda de recursos que supón esta continua presión xudicial", que, "unha e outra vez, arroxa o mesmo resultado".

E é que o rexedor remarca que na sentenza se recollen procedementos sobre este tema desde o ano 1984. "Por todo isto, é necesario pór fin a esta batalla sen sentido e centrar os esforzos no realmente importante, que é o coidado e preservación do areal", asevera.

Noutra orde de cousas, Sanxenxo informou este xoves de que prorroga os quioscos das súas praias de Areas, Montalvo, Major, Canelas e Paxariñas. En cambio, non se contempla este servizo no areal de Silgar e priorizarase o espazo para bañistas.

Gañador da primeira edición do concurso de fotografía A Túa Paisaxe do Verán, que recaeu na imaxe titulada Anoitecer na praia da Lanzada e cuxo autor é Luís Dobarro.
Gañador da primeira edición do concurso de fotografía A Túa Paisaxe do Verán, que recaeu na imaxe titulada Anoitecer na praia da Lanzada e cuxo autor é Luís Dobarro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta