Os sindicatos piden un seguimento do protocolo de reincorporación de funcionarios

Instan a convocar a comisión de seguimento cando está a piques de finalizar a semana de actuacións preliminares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

CSIF, CIG, CC OO e UGT pediron a "convocatoria urxente" da comisión de seguimento do protocolo de reincorporación dos empregados públicos aos seus postos da administración autonómica cando está a piques de finalizar a semana de actuacións preliminares, que agora se debe someter a análises para comezar a etapa 1 o vindeiro luns 18 se se cumpriron os obxectivos.

Así, os sindicatos enviaron un escrito conxunto, ao que tivo acceso Europa Press, no que reclaman que, unha vez finalizada a fase preliminar, é "necesario reunir a comisión de seguimento" contemplada no protocolo, polo que se establecen as medidas de reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte á covid-19.

Esta reunión debería contar cos seguintes puntos: información, estudo, e avaliación dos traballos de adaptación da fase preliminar; convocatoria do grupo de traballo do desenvolvemento normativo do teletraballo; información da realización das avaliacións de riscos laborais á covid-19 dos centros de traballo e postos con tarefas de campo; informar as convocatorias dos comités de seguridade e saúde laboral; análise da situación xerada polas recomendacións sanitarias realizadas pola Consellería de Educación; e medidas preventivas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, con instrucións de desenvolvemento sobre a conciliación e flexibilidade.

Corredores do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, durante a crise do coronavirus.. EUROPA PRESS - Arquivo
Corredores do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, durante a crise do coronavirus.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta