A Estación de Autobuses da Coruña e outros servizos municipais reabren o luns ao público

Por E.P. | A Coruña | 15/05/2020 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Estación de Autobuses da Coruña reabrirá ao público este luns, segundo informa o Concello, que explica que os cemiterios municipais recuperarán o seu horario habitual, das 09,00 ás 18,00 horas.

Estación de autobuses da Coruña
Estación de autobuses da Coruña | Fonte: Concello da Coruña.

Farao, precisa o goberno local, cun percorrido de seguridade para o tránsito das persoas dentro da terminal. Respecto diso, lembra que as compañías de autobuses continúan con horarios reducidos nos seus servizos.

Por outra banda, a área de Mobilidade reinicia o servizo de atención ás persoas usuarias do Cartón Millennium e as oficinas municipais de atención presencial retoman a actividade con cita previa a través da web.

En canto ás oficinas de atención presencial do Concello, reabrirán ao público con boa parte do persoal, que volverá prestar servizo á veciñanza nas dependencias municipais.

Non se incorporarán os colectivos considerados vulnerables (con patoloxías previas, mulleres embarazas ou persoas maiores de 60 anos), que seguirán teletraballando, nin se cubrirán todos os postos de atención ao público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta