A Xunta critica ao Goberno central por deixar que sexan as autonomías as que regulen a volta a clase

Feijóo, a favor de que os estudante de último ano de Bacharelato e os de FP reinicien as clases.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/05/2020 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto  Núñez Feijóo, censurou as "distintas varas de medir por parte do Goberno" respecto da xestión da desescalada, posto que "regulou cando unha persoa pode ir a unha terraza", pero "non quere regular cando unha persoa pode ir a clase".

"España é un dos primeiros países que abre determinadas instalacións de restauración e despois, os colexios", insistiu, o que lle leve a preguntarse se "realmente" o Goberno central "asume as súas responsabilidades exclusivas" nesta materia, "as que ten".

Así e tras as directrices achegadas polo Ministerio este xoves, Galicia considerou "bo" que se reincorporan os alumnos que finalicen bacharelato, e teñan que facer a selectividade, e os que finalicen o grao medio ou superior de FP.

Estudantes
Estudantes | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta