A Xunta apura a volta "á nova normalidade" e obriga a metade dos funcionarios a traballar de forma presencial

Son máis de 7.400 traballadores. Outros 6.100 seguirán na casa e 707 continuarán sen realizar ningún tipo de traballo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A incorporación dos empregados públicos aos seus postos de traballo de forma presencial suporá, este luns, que o 51,89 por cento dos empregados públicos --excluídos os de educación, sociosanitarios e ámbito xudicial- estará nos seus postos de traballo.

Unha das entradas do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago, sen tránsito pola crise do coronavirus.. EUROPA PRESS - Arquivo
Unha das entradas do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago, sen tránsito pola crise do coronavirus.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Seguindo os datos facilitados por Vicepresidencia da Xunta a Europa Press, a partir do luns 18 estarán a traballar de forma presencial 7.411 traballadores públicos, o 51,89 por cento da administración (excluídos os que o fan en centros de educación e servizos sociosanitarios e Xustiza). Ata agora, facíao o 38,96 por cento dos empregados públicos.

Desta forma, seguirán con teletraballo 6.164 empregados públicos --dun total de 14.282--, mentres que un total de 707 continuarán sen realizar ningunha función --ou ben porque non teñen medios ou ben porque os seus postos non son compatibles co teletraballo--, segundo as cifras achegadas a Europa Press por Vicepresidencia.

Con todo, tras o pacto ao que se chegou cos sindicatos da mesa sectorial --CSIF, CIG, UGT e CC OO--, o teletraballo seguirá estendido para todos aqueles traballadores que poidan realizar as súas funcións con esta modalidade, ou ademais teñan menores ou maiores a cargo afectados polos peches dos servizos de atención.

Pero hai un grupo de empregados que, ou ben porque o tipo de traballo é específico ou ben porque non contaba con medios adecuados, permanecía nas súas casas sen teletraballo asignado. Dese grupo de empregados públicos sae o groso dos 1.800 traballadores que este luns volven ao traballo presencial.

FASES DE DÚAS SEMANAS

A previsión é que cada dúas semanas se pase de fase, polo que a segunda entraría en vigor o próximo 1 de xuño, se se cumpren coas garantías sanitarias.  A terceira fase, que entraría en vigor o 15 de xuño, sumaríase o resto do persoal, tras acometerse os axustes necesarios nos seus postos de traballo, para que se garanta a distancia mínima de seguridade e todas as garantías sanitarias.

O protocolo estipula que se adoptarán medidas de especial protección para aquel persoal que presente algún tipo de enfermidade e unha das actuacións que deberán facer a diario os traballadores é tomarse a temperatura, xa que non poderán acudir ao seu posto de traballo se presentan máis de 37,5 graos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta