A Xunta non sabe cando abrir as garderías e critica ao Goberno central por non regulalo

Di que agardará saber a opinión da Sociedade Española de Pediatría e os pais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/05/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta non sabe como, nin cando abrirán as garderías en Galicia logo de que o Goberno central deixara en mans das autonomías a súa regulación. Unha liberdade de competencias que non lle gustou nada a Feijóo que a pesar de criticar a maior parte dos protocolos de Madrid, tamén quería que fora o Executivo de Pedro Sánchez quen decidira tamén que facer na apertura de escolas e garderías.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a escola infantil A Tomada, na Pobra (A Coruña). XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a escola infantil A Tomada, na Pobra (A Coruña). XUNTA

Preguntado este domingo acerca de cando reabrirán as escolas infantís de cero a tres anos, Feijóo apuntou a que "non hai unanimidade" entre a Sociedade Española de Pediatría, aínda que os profesionais do comité da Consellería de Sanidade están "a favor" se "os pais queren levar aos seus nenos" aos centros.

Así, deslizou que a Xunta "asumirá a súa responsabilidade" e valorará ao longo desta semana abrir as gardarías tras consultar tanto á Pediatría galega como á española.

Non en balde, Feijóo criticou que o Goberno central "non quere falar" nin regular as cuestións do ámbito educativo. "Estamos a falar de se unha persoa pode ir pescar dun concello a outro e se pode traspasar facendo ciclismo un termo municipal (...). Todo isto está regulado polo Goberno de forma estrita, pero con todo a volta ás aulas non se regula".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta