Telecinco 'mete a zoca' e dá por morta a Merchi Álvarez, fundadora de GaliciAME

O pasado venres ferveulle o sangue a Merchi e a centos de coñecidos dela ao ver como se informaba nesta canle de televisión, e durante a reposición dun programa de 2018, que falecera meses despois de participar no programa.

Por X.M. Fernández | Cambados | 18/05/2020 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Á cambadesa Merchi Álvarez diagnosticáronlle hai uns oito anos 'Atrofia Muscular Espiñal' (AME) de tipo 4, unha enfermidade das consideradas como rara.

Merchi Álvarez, fundadora e presidenta de GaliciAME. Foto cedida por ela.
Merchi Álvarez, fundadora e presidenta de GaliciAME. Foto cedida por ela.

Dende aquel momento, esta muller enfrontouse á doenza e non parou de loitar contra ela, fundando no ano 2015 a asociación sen ánimo de lucro 'GaliciAME'. A entidade ofrece apoio e asesoramento a xente con esta enfermidade e realiza numerosas actividades coa finalidade de recadar fondos para a investigación.

O caso é que o pasado venres pola noite, Telecinco fixo unha reposición do programa "Volverte a ver" no que participou Merchi Álvarez no ano 2018 co obxectivo de animar á súa nai Conchi, moi afectada polo que lle está pasando, e dicirlle que tiña que coidarse e pensar algo máis nela. No transcurso do programa, no que houbo unha carga de emotividade importante ao dar a coñecer a historia de loita e superación de Merchi, nos rótulos puidose ler en varias ocasións: "En memoria de Merchi, que sufría Atrofia Muscular Espinal y falleció meses después de su participación en Volverte a ver".

Á incredulidade a a indignación empezaron a correr polas redes sociais e moitísima xente contactou con Merchi que, evidentemente estaba e está moi viva. Ela mesma puxo no seu perfil de Facebook despois do acontecido: "Telecinco que estoy viva,de momento no hace falta que me matéis, espero que mañana me cojais el teléfono porque habéis montado una buena que estoy viva tranquilos"

Un dos momentos nos que saíu a información falsa no programa de Telecinco
Un dos momentos nos que saíu a información falsa no programa de Telecinco
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta