Feijóo convoca eleccións o 12 de xullo a pesar de recibir miles de turistas porque "é máis seguro que en setembro"

Destaca que os comicios volven coincidir coas eleccións vascas e salienta que no caso de Euskadi, o lehendakari tivo máis apoio político que en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convoca eleccións para o próximo 12 de xullo, "a primeira" que permite os prazos legais de 54 días, porque é "máis seguro" sanitariamente a principios de verán e hai "menos incertezas" que a finais da época estival e outono. Con todo, tamén recoñeceu que Galicia recibirá a partir de xullo a miles de turistas doutras zonas do estado, principalmente, de Madrid e Castela A Mancha, zonas das máis afectadas.

Así o xustificou en rolda de prensa tras reunir ao seu goberno este luns para abordar a convocatoria electoral. Na súa intervención, apoiou a súa decisión nos informes dos expertos sanitarios e xurídicos, pero que tivo a oposición das principais forzas políticas.

"Teño que elixir entre o que me recomendan por escrito os expertos sanitarios ou o rexeitamento das opinións dalgúns partidos da oposición (PSdeG, BNG e En Común). O máis prudente é seguir as recomendacións dos expertos sanitarios e legais", remarcou Feijóo, quen dixo que é o máis "prudente", xa que "deixar pasar o tempo aumenta as incertezas e a inseguridade sanitaria e xurídica".

Feijóo tamén dixo que esta convocatoria está posibilitada polo último decreto do estado de alarma e avanzou que se puxo en contacto co Goberno central para solicitar a súa colaboración nesta cita electoral, como así o recolle o texto legal aprobado no Congreso.

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, o deputado Alberto Pazos Couñago e o eurodeputado Francisco Millán Mon valoran os resultados das eleccións do 26 de maio
O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, o deputado Alberto Pazos Couñago e o eurodeputado Francisco Millán Mon valoran os resultados das eleccións do 26 de maio

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Violeta 4

A pregunta é: despois da segura maioría absoluta de Núñez Feijóo, seguirá Pontona na poltrona ou a UPG poñerá outro peón á fronte da súa pantalla política. Co PSOE xa sabemos a resposta, e o sobriño irase para casa.

1 Vighés

A resposta é: o narcopresidente perderá a maioría, o BNG non baixará de 17 representantes, mareantes rupturistas e podemitas baixarán ou desaparecerán do parlamento e Caballero será presidente ou vicepresidente da Galiza.

2 Caspita

Despois da aplastante victoria de Feijoo, seguro que nomeara como conselleiro de Turismo a Marcial Dorado (asi Feijoo inaugurara o parque tematico do contrabando para pelerins do Xacobeo na Ria de Arousa) e, seguro, que coa axuda de La Voz de Malicia e a proteccion do apostolo, a polo turista un millon!!! E asi xa ficaran contentos os cosmopaletos do país. Viva GZ no mundo!!!

3 Violeta 4

A probabilidade diso que dis é a mesma que hai de que ti deixes as drogas ou de atopar un bloqueiro que non viva dos demais