Feijóo utiliza a TVG para suxerir o voto: "eu xa saquei a Galicia da crise de 2009, 2010 e 2011"

Foi durante o anuncio da data electoral en rigoroso directo ao tempo que dixo que canda quen pode decidir "libremente" a quen votar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/05/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

O máximo mandatario autonómico non tivo reparos en utilizar a súa comparecencia en directo na TVG para tentar insinuar o sentido de voto dos galegos e lembrou que foi un goberno xestionado por el o superou a crise económica de principios desta década.

Neste contexto, sostivo que os galegos poderán "tomar nota" e "decidir libremente a quen queren votar e a que partido ou partidos cren que debe gobernar Galicia" e "cal dos candidatos que se presenta cren que está mellor preparado para gobernar Galicia nun momento de extraordinaria dificultade".

"Xa gobernamos Galicia na crise do ano 2009, 2010 e 2011, e podo asegurar que a crise que xa está a petar nas portas e que imos sufrir en 2020 vai ser dolorosísima", augurou dando a entender que el é o capacitado para sacar a Galicia de novo da crise. "Os galegos terán que elixir cal é a persoa que cren que é a mellor preparada e a que pode ter máis experiencia para xestionar unha Galicia complexa", engadiu.

Entrevista de Feijóo na Televisión de Galicia ( TVG )
Entrevista de Feijóo na Televisión de Galicia ( TVG ) | Fonte: CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta