Piden a retirada das pistolas Taser da Policía Local de Santiago e Moaña polo "risco" para os cidadáns

A CUT apela a informes contra a súa incorporación como arma nos dispositivos policiais pola súa alta letalidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A sección sindical da CUT no Concello de Santiago e a Unión Comarcal da CUT en Ou Porrazo reclamaron a "inmediata retirada" das pistolas eléctricas incorporadas ao material da Policía Local de Compostela e Moaña, polo "risco" existente para a cidadanía co seu uso.

Pistola Taser
Pistola Taser | Fonte: Junglecat en Wikimedia.

A CUT criticou que a alcaldía de Santiago anunciase a súa compra vinculándoa cunha medida relacionada coa COVID-19, para evitar contactos, cando "a súa adquisición xa estaba decidida con anterioridade".

A posta a disposición destes elementos para o seu uso por parte de funcionariado municipal "é inaceptable" para a central, que advirte de que "numerosas organizacións internacionais e galegas para a defensa dos dereitos civís e políticos xa se pronunciaron reiteredamente contra a súa incorporación como arma nos dispositivos policiais pola súa alta letalidade".

Así, sostén a CUT, o Comité contra a tortura da ONU "denunciou hai 10 anos que pola intensa dor que causan pode ser consideradas unha forma de tortura", e a organización Amnistía Internacional "cuantifica en 700 as mortes causadas de maneira directa ou ben indirecta en países que desde inicios de século normalizaron o seu uso, como EEUU, Canadá ou Francia.

No caso de Santiago, explica a central, a compra "contradí" o acordo plenario do que "criticou con contundencia o uso de armas de electrochoque, pelotas de gomas, gases tóxicos ou defensas extensibles por parte da Policía Nacional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Qué vergonza! A alcaldesa vaille rebentar a campaña a Ana Pontón... E o de falar de O Porrazo, no canto do Morrazo, é un lapsus freudiano ben evidente.