As residencias de maiores notifican 122 usuarios e 95 traballadores afectados noutra xornada sen mortos

Por duodécimo día consecutivo, non se rexistran falecidos dentro dos centros xeriátricos. Nos centros de discapacitados, a situación mantense igual, con 33 usuarios e 16 traballadores afectados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/05/2020 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Os casos de coronavirus en residencias de maiores de Galicia baixaron nas últimas horas, tras notificarse 14 novas altas entre usuarios e traballadores dos centros xeriátricos, de maneira que o número de casos sitúase en 122 entre os usuarios e en 95 entre os traballadores, mentres que, por duodécimo día consecutivo, tampouco se notificaron falecidos dentro das residencias.

Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense
Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense | Fonte: Europa Press.

Así o confirmaron fontes da Consellería de Política Social, que trasladaron que, nas últimas horas, deuse o alta a 9 usuarios das residencias (3 do centro de San Pedro de Crecente, 3 da residencia Moledo de Vigo, 2 do Pilar en Bergondo, e un da DomusVi de Ourense Centro).

Ademais, tamén se recuperaron 4 traballadores do centro residencial Santa Teresa Jornet da Coruña, e un da residencia San José Hermanitas de Ourense.

Tras a última actualización, o centro Santa Teresa Jornet segue como o máis afectado por número de casos entre os seus residentes, con 23. Séguelle a residencia O Portazgo da Coruña con 12 casos, a residencia San José Hermanitas de Ourense con 11 casos.

Na residencia A nosa Señora da Esperanza ten 9 casos e as dúas residencias intervidas pola Xunta, DomusVi Barreiro de Vigo e DomusVi de Cangas, teñen 8 e 7 casos respectivamente.

Segundo os datos facilitados por Sanidade, desde o inicio da pandemia ata este mércores faleceron con coronavirus 270 persoas vinculadas con centros residenciais, das que 132 morreron dentro dos propios centros xeriátricos. Así, os falecidos relacionados con residencias supoñen o 44,5 % do total de mortos con coronavirus en Galicia (607 ata este mércores).

CENTROS DE DISCAPACITADOS

Con respecto aos centros de discapacitados, a situación mantense igual que hai un día, con 33 usuarios e 16 traballadores afectados.

O maior número de usuarios afectados rexístrase na residencia de discapacitados DomusVi de Bóveda, con 10 casos, seguido do CAPD da Coruña con 9, e da residencia San Rosendo-Monterrei con 5.

Con respecto aos traballadores destes centros, os CAPD de Redondela e A Coruña son os máis afectados, con 5 e 4 casos respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta