O PSdeG insta a Feijóo a ordenar aos deputados galegos do PP que apoien o estado de alarma

"Todo o que conseguimos non o podemos botar pola borda", defende Gonzalo Caballero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2020 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou o presidente da Xunta e líder do PPdeG, a ordenar aos deputados galegos do PP no Congreso a que apoien a prórroga do estado de alarma.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede da formación.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede da formación.

Gonzalo Caballero asegurou que na reunión mantida o luns entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e lideres autonómicos do PSdeG, el mesmo trasladoulle o apoio dos socialistas galegos á prórroga ao considerar que é unha "garantía" para "coordinar" o proceso de desescalada.

Tras iso, fixo un chamamento a todas as forzas políticas para que "estean á altura" das circunstancias e apoien esta prórroga. "Todo o que conseguimos non o podemos botar pola borda, é o único mecanismo que garante que o estado poida coordinar e tomar medidas para limitar os movementos entre comunidades", apuntou.

Neste sentido, emprazou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a ratificar a súa postura e "abandonar a política de confrontación co Goberno" de forma que indique aos deputados do PP galegos que deben "votar si" á prórroga.

"Feijóo é un presidente que pensa no Partido Popular pero non no interese xeral dos galegos", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta