As poboacións de Galicia na época romana estiveron expostas a contaminación atmosférica por mercurio

A revista 'Journal of Archaeological Science' publica o estudo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/05/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

A revista Journal of Archaeological Science publica un estudo do grupo de investigación da Universidade de Santiago 'EcoPast' sobre o impacto da exposición crónica ao mercurio en poboacións antigas. Liderado pola investigadora Noemi Álvarez Fernández, en colaboración con Antonio Martínez Cortizas e Olalla López Costas, o artigo avanza entre as súas conclusións que as poboacións romana e tardoantiga que viviron na Lazanda entre os séculos I e VII d.C. estiveron expostas de forma crónica a niveis relativamente baixos de contaminación atmosférica por mercurio.

Vista aérea da Lanzada coa situación aproximada da Área I - Romana, Área II - post-romana
Vista aérea da Lanzada coa situación aproximada da Área I - Romana, Área II - post-romana | Fonte: Journal of Archaeological Science Volume 119, July 2020, 105159.

Isto contrastaría con investigacións previas, centradas no estudo de altas concentracións deste metal relacionadas principalmente con ritos de enterramento, tratamentos médicos ou, mesmo, envelenamento.

O traballo levado a cabo polas investigadoras de EcoPast a partir da colección de esqueletos da necrópole da Lanzada permitiu estudar a exposición á contaminación atmosférica por mercurio nun lapso de tempo ininterrompido de 700 anos que, ademais, abarca dous períodos moi diferentes, o romano (s. I - IV) e o tardoantigo (s. V - VII).

Este traballo profunda en como se transfire o mercurio ao esqueleto humano utilizando restos arqueolóxicos. Así, obsérvase que todos os ósos están igualmente afectados cando a exposición é crónica, mentres que en contactos puntuais, pero graves, o esqueleto reflícteo con diferenzas entre os seus ósos.

Este traballo tamén permite entender cal é o alcance poboacional da exposición a metais tóxicos, xa que os nenos están igualmente afectados que as persoas adultas. Con todo, os nenos son moito máis sensibles a esta exposición, podendo desenvolver problemas de saúde graves.

Durante o período romano, a Península Ibérica "foi a gran mina do imperio, sobre todo se falamos de mercurio", explican os investigadores, polo que, tras a caída do imperio, baixa tamén esta intensa explotación de recursos, algo que se releja nas propias poboacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta