As reservas do grupo sanguíneo A positivo mantéñense baixas en Galicia

As reservas do grupo sanguíneo A positivo (A+) mantéñense baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-), Cero positivo (0+) e A negativo (A-) atópanse normais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2020 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

Así o informou este mércores a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que desde o pasado 23 de marzo as persoas que desexen doar sangue deben chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828 para solicitar cita previa co fin de cumprir as medidas decretadas polo estado de alarma debido á crise sanitaria.

O vindeiro luns, 25 de maio, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Fene --Maniños--, Betanzos --Praza Irmáns García Naveira--, Fisterra --diante da nova lonxa-- e Santiago --Praza de Galicia--.

Tamén o luns acudirán unidades móbiles de ADOS para facilitar a doazón na localidade luguesa de Rábade --Praza de España-- e na ourensá do Barco de Valdeorras --Praza do Concello--.

Ademais, o día 25 de maio ADOS enviará unidades aos municipios pontevedreses de Cuntis --Praza do Concello--, Vigo --Farol de Príncipe-- e Arbo --á beira da biblioteca--.

Doazón de sangue
Doazón de sangue

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta