O Goberno transfire a Galicia 12,3 millóns para programas agrícolas, gandeiros e de desenvolvemento rural

A maior contía, 9,8 millóns, destínase ao financiamento do Programa de Desenvolvemento Rural

Por E.P. | A Coruña | 20/05/2020 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

O Executivo central transferirá a Galicia 12,3 millóns para o desenvolvemento de diversos programas agrícolas, gandeiros e de desenvolvemento rural, segundo informa a Delegación do Goberno tras o acordo adoptado no Consello de Ministros deste martes. Do acordo, precisa que recolle a proposta aprobada na pasada Conferencia Sectorial de Agricultura, celebrada o 11 de maio por videoconferencia.

Nun comunicado, a Delegación do Goberno en Galicia afirma que este ano o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación "fixo un esforzo importante por acelerar aínda máis os trámites e adiantar as transferencias para que o Goberno galego faga chegar os pagos aos beneficiarios canto antes".

"Xa o ano pasado esta territorialización aprobouse na Conferencia Sectorial de xuño e realizáronse as transferencias ás comunidades autónomas entre os meses de xullo e agosto de 2019, a diferenza dos anos anteriores nos que estas transferencias se realizaban no último trimestre do ano", apostila.

Un estudo analiza a relación entre a masa forestal e o gando de monte.. USC
Un estudo analiza a relación entre a masa forestal e o gando de monte.. USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta