A facturación do sector servizos cae en Galicia un 16,8 por cento en marzo debido á crise do coronavirus

En España, o sector servizos rexistrou un descenso da súa facturación do 18,7% en marzo, a súa maior caída desde maio desde 2009

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2020 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

A facturación do sector servizos en Galicia caeu no mes de marzo un 16,8 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior, debido á crise xerada pola pandemia de coronavirus e ás medidas restritivas e de confinamento decretadas co estado de alarma.

Segundo os Indicadores de Actividade do Sector Servizos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE), a cifra de negocios do sector caeu en marzo un 16,8 por cento con respecto a un ano antes (dous puntos menos que a media nacional), e a caída con respecto ao mes de febreiro foi do 11,5 por cento.

A baixada de actividade e facturación reflectiuse tamén no emprego, cun descenso do 2,3 por cento na ocupación, con respecto ao mes de marzo de 2019 (máis de medio punto por encima da media de España). A variación mensual na ocupación foi do -1,7 por cento.

En España, o sector servizos rexistrou un descenso da súa facturación do 18,7% en marzo, a súa maior caída desde maio desde 2009. Por sectores, os maiores retrocesos foron para a hostalaría, que afundiu a súa facturación un 57,7% en marzo, e a venda e reparación de vehículos a motor, onde as vendas caeron un 47,3%.

Variación da cifra de negocio do sector servizos por Comunidades Autónomas en marzo de 2020.. EP DATA
Variación da cifra de negocio do sector servizos por Comunidades Autónomas en marzo de 2020.. EP DATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta