A crise sanitaria provoca unha caída do 11,5 por cento nas vendas da industria galega en marzo

O INE destacou que a fabricación de produtos farmacéuticos elevou as súas vendas un 17,4% .

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2020 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

A crise xerada pola pandemia de coronavirus provocou unha caída do 11,5 por cento na cifra de negocio da industria de Galicia no mes de marzo, segundo os datos feitos públicos este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, a facturación descendeu no mes de marzo un 11,5 por cento con respecto a marzo do ano pasado (case dous puntos e medio por baixo da media estatal), e tamén experimentou un descenso, do 11,3 por cento, con respecto ao mes de febreiro deste ano.

En España a cifra de negocios da industria esborrallouse un 13,9% o pasado mes de marzo respecto ao mesmo mes de 2019, o seu maior retroceso desde outubro de 2009, e volve a taxas negativas. Corrixido o efecto calendario e a estacionalidade, a cifra de negocios da industria baixou un 16,4% interanual no terceiro mes do ano.

A pesar desta caída, o INE destacou que a fabricación de produtos farmacéuticos elevou as súas vendas un 17,4% no mes en que o Goberno decretou o primeiro estado de alarma.

Evolución da facturación da industria en España ata marzo de 2020 (INE). EPDATA
Evolución da facturación da industria en España ata marzo de 2020 (INE). EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta