Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/05/2020 | Actualizada ás 14:44
O número de usuarios de residencias de maiores con coronavirus baixou nas últimas horas a 73 (15 casos activos menos), e sitúase por baixo da cifra de traballadores de xeriátricos afectados, que pasou de 79 a 75, segundo os datos trasladados este venres pola Consellería de Política Social.
Nas últimas horas recibiron o alta 5 maiores da residencia Orpea de Culleredo, 3 da residencia Concepción Arenal da Coruña, outros 3 da DomusVi Matogrande, 2 da residencia Santa Teresa Jornet, e 2 do centro residencial As Fragas de Pontedeume.
Así mesmo, tamén se recuperaron un traballador da residencia Concepción Arenal, un de DomusVi Matogrande, outro da residencia de maiores de Castro Caldelas e un da residencia Vos Miragres de Barbadás.
Tras a última actualización, a residencia Santa Teresa Jornet segue sendo, con 21 casos, en centro xeriátrico máis afectado. Séguenlle Caser A Zapateira, con 8 casos; e San José Hermanitas de Ourense, con 6 casos; mentres que en Divino Mestre de Ourense hai 5 casos, en DomusVi Matogrande e no Portazgo hai 4 casos en cada unha, e na nosa Señora da Esperanza hai 3 usuarios positivos.
No resto de residencias de maiores afectadas, os casos de usuarios con coronavirus redúcense a 1 ou 2, incluídos os dous centros intervidos pola Xunta, DomusVi Barreiro de Vigo e DomusVi de Cangas, con dous casos cada unha.
Con respecto aos traballadores de centros xeriátricos, o maior número de casos positivos está nos 13 da residencia A nosa Señora da Esperanza. Hai 8 casos na residencia Divino Mestre, e 6 casos tanto en Santa Teresa Jornet e como en DomusVi de Cangas.
CENTROS DE DISCAPACITADOS
Nos centros de atención a persoas discapacitadas de Galicia, o número de usuarios con coronavirus mantense en 27, e os centros DomusVi de Bóveda e o CAPD da Coruña seguen sendo os máis afectados, con 10 e 9 casos respectivamente.
O maior número de traballadores afectados destes centros correspóndese ao CAPD da Coruña, con 5 casos, mentres que na residencia DomusVi de Bóveda hai 3 empregados positivos por COVID.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.