Por Galicia Confidencial | Fisterra | 23/05/2020 | Actualizada ás 22:00
José Fernando Carrillo Ugarte foi un dos primeiros casos da Covid-19 en Galicia. Comezou os síntomas antes de que a Xunta e o Goberno central descretaran as alertas. Comezou a ter dores de cabeza e dores gastrointestinais. Foi ao centro de saúde e dixéronlle que tiña gastroenterite. Na casa a febre subiulle. Volveu ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, e volveron diagnosticarlle o mesmo e mandarono para casa.
Alí o seu estado empeorou ata o punto de que perdeu o coñecemento. Os seus fillos desesperábanse. Chamaban ao teléfono habilitado pola Xunta para o coronavirus e ninguén lles collía. "Eu chamei ata 200 veces", lembra o seu fillo. Foi ao hospital de Cee e alí dixéronlle que chamara ao número do coronavirus. "Xa chamei ao 061 e dinme que chame ao do coronavirus e no de coronavirus non me collen. Que fago?". "Pois deálle paracetamol para que lle baixe a fiebre e volva chamar a ese número", dixeronlle. Ao final e logo de moitos intentos conseguiu o seu ingreso. E xa no hospital o trato foi "esquisito".
Tardou dous meses en volver a casa, e facíao precisamente este luns enre o cariño e os aplausos d@s veciñ@s, despois dunha longa e heroica recuperación na UVI do CHUAC. Con 20 kg menos pero co sorriso e a lucidez de sempre.
Carrillo lembra como é ser un "auténtico sobrevivinte" e serviu de “coelliño de indias” ao ser un dos primeiros ingresados do país, polo que os sanitari@s “non daban un duro por min”. Nunha entrevista de Ubaldo Cerqueiro no QPC, Carrillo contou todo o proceso hospitalario, con excepción do mes e medio que ten esquecido por ter perdido o coñecemento. Quixo agradecer a labor de todos os sanitari@s e valorou a importancia da sanidade pública galega.
Pola súa parte, Fernando, o fillo, embarcado esta semana en Ferrol nun remolcador, contou como se vive dende o seo dunha familia a incerteza de non saber que vai pasar. Explicou con maior detalle como foron os procesos, e lamentou “a tensión e falta de formas” que se viviu nos primeiros momentos cunha pequena parte da veciñanza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.