A residencia integrada Porta do Camiño queda baleira tras a saída dos últimos catro maiores

Esta residencia integrada chegou a acoller a 74 anciáns afectados pola COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/05/2020 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A residencia integrada Porta do Camiño, habilitada pola Xunta para atender aos usuarios que deran positivo por COVID procedentes de centros xeriátricos das provincias de Lugo e A Coruña, quedou baleira desde este venres, tras a saída dos últimos catro maiores que quedaban nela.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Política Social e de Sanidade, nas últimas horas confirmouse a saída de tres anciáns libres de COVID e o traslado dun cuarto, aínda positivo, ao Hospital Clínico de Santiago.

Este centro sociocomunitario foi habilitado como residencia integrada (medicalizada) dependente do Sergas a finais de marzo, cando a pandemia comezou a recrudecerse e o número de contaxios en residencias (tanto de ususarios como de traballadores) crecía de forma importante.

Política Social confirmou que esta residencia integrada chegou a acoller a 74 anciáns afectados pola COVID-19. Aqueles que se foron recuperando foron sendo trasladados ás súas residencias de orixe.

Así mesmo, aínda que a residencia quedou baleira de usuarios, non se clausurará, senón que permanecerá aberta e a disposición do sistema sanitario por se fose necesario trasladar novamente a algún maior contaxiado.

Traslado de usuarios e usuarias da residencia Porta do Camiño
Traslado de usuarios e usuarias da residencia Porta do Camiño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pero falta o dato máis importante: cántos morreron no lazareto (?) E xa que andamos de estatísticas que porcentaxe dos ingresados nela está "recuperado" da COVID19 e cantos seguiron camiño dos Hospitais correspondentes (?) A información segue sendo un ben valioso nestes tempos de escurantismo informativo !