Así se recupera o sector da odontoloxía da crise do coronavirus: buscando tecnoloxía en China

María José Martín ten unha clínica en Monforte. Parou xa antes de que se decretara o estado de alarma. Tivo que facer un ERTE e agora tenta readaptar a súa clínica ás novas condicións hixiénicas. "Fixen un investimento moi potente nunha aparatoloxía de última xeración que de feito se utiliza por exemplo no Hospital de China de Wuhan e en laboratorios onde están traballando coa vacina da Covid", asegura.

Por Galicia Confidencial | Monforte | 23/05/2020 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia