Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2020 | Actualizada ás 11:34
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o pasado fin de semana, no marco da fase 1 coa mobilidade reducida na provincia de residencia polo estado de alarma, a 60 persoas debido a 52 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega, das que unha faleceu.
Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 22 de maio e as 23,59 horas do domingo 24 un total de 60 chamadas en relación con accidentes de tráfico. A xornada con máis incidentes foi a do sábado, con 25 sinistros.
Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 63. En concreto, as ambulancias realizaron 57 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en seis accidentes.
En 56 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en tres ocasiones recibiron atención no mesmo lugar do accidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro. Por provincias, a da Coruña, con 20 accidentes de tráfico, rexistrou o maior número durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 15; Ourense, con dez; e Lugo, con sete.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.