O PSdeG acusa a Feijóo de abandonar a cidade e provincia de Pontevedra

Os socialistas destacan o “compromiso” do Goberno central coa circunvalación da cidade fronte á “indolencia” de Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 25/05/2020 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O PSdeG criticou este luns ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, por ter abandonada á cidade de Pontevedra. Así, Paloma Castro, número 3 da candidatura do PSdeG pola provincia, destacou “o compromiso” do goberno de España coa circunvalación de Pontevedra, fronte a “indolencia” de Feijóo.

Paloma Castro lembrou que se trata dunha obra reactivada polo goberno progresista -trala paralización a causa da pandemia- no tramo Vilaboa-Ermida e que conta cun orzamento de execución de 62 millóns de euros.

Neste sentido, a socialista puxo en valor os traballos de reparación do firme que se levarán a cabo en varias estradas da provincia así como as melloras entre Forcarei e Cerdedo-Cotobade, cunha inversión duns 800.000 euros. “A reactivación destas obras confirma o compromiso do goberno progresista con Galicia e con Pontevedra, fronte a un Feijóo indolente que non logrou traer a Galicia nestes anos nunha soa das infraestruturas comprometidas por Rajoy”, concluíu.

Cidade de Pontevedra
Cidade de Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta