Ampliado o prazo para a presentación de orixinais ao XVIII Premio de Poesía @Afundación

O texto gañador recibirá un único premio de 6.000 euros e será publicado, ademais, na colección 'Arte de Trobar', editada polo Centro Pen de Galicia.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/05/2020 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Afundación, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Centro Pen de Galicia convocan a décimo oitava edición do Premio de Poesía Afundación que ten como obxectivo recoñecer libros de poemas escritos en lingua galega.

A actual conxuntura provocada pola COVID-19 impulsou ao tres entidades a pospor a data límite de entrega de orixinais do 31 de maio ao 31 de xullo, "co propósito de facilitar o traballo de creación e concentración de todas as persoas candidatas a este galardón".

As persoas interesadas en participar poderán presentar obras inéditas, que non concorresen a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos, ata o 31 de xullo de 2020. O texto gañador recibirá un único premio de 6.000 euros e será publicado, ademais, na colección 'Arte de Trobar', editada polo Centro Pen de Galicia e a fundación galega.

Poesía
Poesía | Fonte: Flickr.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta