Unha investigación da USC innova na produción de plásticos “verdes” e na eliminación de contaminantes na auga

As industrias ou actividades agrícolas xeran cada ano cinco millóns de toneladas de residuos que hai que tratar.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/05/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Unha investigación desenvolvida pola enxeñeira química Yolanda Moldes do Instituto CRETUS e do grupo de Biotecnoloxía Ambiental do Departamento de Enxeñería Química da USC, estudou o uso de diferentes nanobiocatalizadores magnéticos para eliminar contaminantes emerxentes de augas residuais e para a produción de plásticos verdes.

O traballo, orientado cara a sustentabilidade e que contou coa colaboración do grupo Nanomag da USC, tamén incorpora o deseño dun reactor que conta cun sistema de retención eficaz do nanobiocatalizador magnético.

Este estudo achega avances significativos no ámbito científico e tecnolóxico para o desenvolvemento de novos procesos avanzados de eliminación de contaminantes orgánicos. “O innovador da proposta radica en que a inmobilización de encimas sobre nanopartículas magnéticas se encontra nas súas primeiras fases, e a súa  aplicación para o tratamento de augas residuais está case sen explotar”, explica a investigadora Yolanda Moldes.

Esta investigación xorde da crecente demanda de auga máis limpa por parte de cidadáns e organizacións ambientais o quelevou á Comisión Europea a definir unha lista de substancias prioritarias con risco importante para o medio acuático e que en concentracións o suficientemente altas pode supoñer un grave problema para a saúde pública, dadas as alteracións que este tipo de compostos poden producir nos seres vivos e no ambiente.

“Máis aló da perspectiva da degradación de contaminantes, as industrias ou actividades agrícolas xeran cada ano cinco millóns de toneladas de residuos, os cales deben ser xestionados, ou ben recuperados, de acordo co concepto de biorrefinería”, indican desde a USC.

Por iso, neste contexto enmárcase esta investigación que estuda a viabilidade de usar encimas oxidativas inmobilizadas en nanopartículas magnéticas para a eliminación de ditos residuos nas augas, así como na producón de compostos de alto valor engadido, como son os precursores de bioplásticos.  

Contaminación no rio Bargaña
Contaminación no rio Bargaña | Fonte: Ríos Limpos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta