O Eixo Atlántico envía á Comisión Europea propostas para a recuperación do sector turístico

Recóllense peticións como que o apoio económico que prepara a CE distribúase entre recursos turísticos de ámbitos locais e rexionais no canto de ir parar a grandes operadores europeos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2020 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia



O Eixo Atlántico, a través da rede Epicah que lidera --integrada por entes locais e rexionais--, enviou á Comisión Europea un documento con propostas para a recuperación do sector turístico.

Este documento presenta necesidades e prioridades elaboradas por cidades membro do Eixo Atlántico co fin de que sexan tidas en conta para o deseño de políticas de reconstrución.

Así, recóllense peticións como que o apoio económico que prepara a CE distribúase entre recursos turísticos de ámbitos locais e rexionais no canto de ir parar a grandes operadores europeos. Tamén se empraza á recuperación do turismo entre zonas fronteirizas.

Así, sinala que hai unha "oportunidade única" para fomentar o turismo de proximidade, sustentable e accesible, mentres considera "urxente" abordar problemas asociados ás viaxes como protocolos de seguridade en aeroportos ou restricións de equipaxe de man.

Todo iso co obxectivo de relanzar o turismo "vendendo as fronteiras europeas como destinos seguros", no marco de "unha verdadeira política integrada" na UE.

Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal
Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal | Fonte: turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta