Oleiros sitúase no posto 17 de municipios con máis renda de España

Santiago e A Coruña atópanse no top 50. Ferrol e Ourense están entre os concellos con menor taxa de actividade e menor número de fillos por muller.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2020 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

Oleiros ocupa o posto 17 en maior renda por habitante entre os 413 municipios de máis de 20.000 habitantes de España, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados este martes.

A renda media en Oleiros por habitante era de 15.765 euros en 2017, nunha clasificación que encabeza Pozuelo de Alarcón (25.903 euros). Pola súa banda, nesta lista Santiago (45º) e A Coruña (46ª) están no top 50, cunhas rendas medias de 13.517 e 13.516, respectivamente.

Se toma como referencia as áreas metropolitanas, a da Coruña atópase no posto 11 en renda, con 12.951 euros. A primeira é a de Donosti (15.399 euros).

Nesta edición de 'Indicadores Urbanos' do INE tamén figuran outras clasificacións, como a de municipios con menores taxas de actividade, onde Ferrol ocupa o peor posto, cun 50,7%, coa mesma taxa que León; mentres Ourense é o oitavo pola cola (o 52%). Noutro extremo, encabeza Rivas-Vaciamadrid (72,1%).

Tanto Ferrol como Ourense tamén están na lista de menor número de fillos por muller, con 1,05 e 1,06 respectivamente, o que os fai estar nos postos 8º e 11º con rexistros máis baixos. Tamén Vigo está 14º, con 1,09 fillos. A cifra menor atópase en San Cristóbal de la Laguna (Canarias), con 0,95. En cambio, o maior número obsérvase en Melilla (2,27).

Rotonda de Oleiros coa escultura do Che Guevara
Rotonda de Oleiros coa escultura do Che Guevara | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta