Crise e dimisións en CxG tras fechar o acordo con En Marea

Dimiten varios membros da Executiva por discrepancias con secretario xeral ao que acusan de “xeitos dictatoriais” nas negociacións de pactos, primeiro co BNG nas xerais do 2019, e agora con En Marea para as galegas de xullo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/05/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Nova crise en Compromiso por Galicia (CxG). Esta formación, que chegou a ser o cuarto partido en número de votos nalgúns comicios e ostentar alcaldías importantes como as de Lalín e Muros, sofre unha nova escisión. Desta volta marchan seis membros da Executiva por desacordos co actual secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, ao que acusan de “xeitos dictatoriais” nas negociacións políticas, agora con En Marea e antes co BNG, e na dirección do partido.

Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG

Oscar Casais, secretario de Coordinación da Executiva; Maxi Vázquez, Coordinador territorial da provincia da Coruña; Xabier, secretario de Política Municipal; Eva Rosende, secretaria de Educación e Sanidade; Paula Rey, secretaria de Medio Rural e Suso Ares, Secretario Técnico Nacional, son os seis cargos que presentaron a súa dimisión pola falta de “relevancia política!” de CxG e, sobre todo, pola “folla de ruta” de Piñeiro que dirixe a formación cara a “irrelevancia absoluta”.

Este grupo de militantes propúxolle a Piñeiro que dimitira para tentar refundar a formación. “A resposta é rotunda no senso contrario, en aras a manter o cargo aínda que iso supoña a desaparición do partido. Explicacións a dita postura que van máis alá do político e entran máis no persoal e no xudicial/procesal”, destacan nun comunicado.

Estes xa membros da dirección de CxG denuncian a deriva “autoritaria” de Piñeiro Docampo por expulsar do partido á Secretaría de Finanzas, e a cesión do cargo da Secretaría Técnica, “sin dar opción a defensa nin seguir os procedementos legais nestes casos”.  “O desprezo polas formas amosa claramente unha actitude intranxixente e alonxada do que debe ser unha formación democrática e trasparente”, indican.

Tamén acusan a Piñeiro Docampo de “abusos” no cargo co nomeamento de persoas para ocupar cargos na Executiva sen ser refrendados no Consello Nacional como establecen os Estatutos. Refírense a que o secretario xeral tería xa pactado os postos nas listas da coalición con En Marea, antes de sometelo a votación.

Esta decisión chega cando o secretario xeral asinou un pacto con parte do grupo de En Marea e o Partido Galeguista para unha coalición electorals nas eleccións galegas do 12X sen acordalo coa militancia. Un procedemento que, din, tamén se seguiu co acordo que tivo co BNG nas pasadas eleccións xerais de novembro do 2019. “Pacta cando quere e con quere en función de intereses persoais. Antes os de En Marea era uns renegados e agora os do Bloque son uns comunistas”, asegura un dos dimitidos en declaracións a Galicia Confidencial.

ACORDO

Por outra banda, CxG remitiu un comunicado no que asegura que o 81% das bases de Compromiso por Galicia (CxG) --aínda que non especifica cantas persoas participaron no proceso-- votou a favor este martes de concorrer ás eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo nunha coalición de forzas galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 Xian do Sil

Eu propoño un nome para o partido: Caciques S.A.

4 Xasei

Haberá que ser serios, ou? A alcaldía de Lalín sendo a segunda forza política moi por detrás do PP e a de Muros sendo a terceira.

3 Xurelo

Este Piñeiro é un vividor, unha carracha. Primeiro delegado sindical da UGT; agora politico a soldo de CxG. Desmantelou o partido (nin Cuiña, nin a anterior alcaldesa de Muros permanecen nel) O caso é vivir do conto....

2 Xavolve

Istas microsectas "gallegas" teñen menos futuro que a pita de monte en Vigo... As mareas, os do partido galeguista, etc. sempre foron un niño de personalismos e egos. Irrelevantes pero publicitados nos medios por razóns evidentes: parar ó BNG. Ilusos.

1 Ser

Menos mal que nos queda o BNG

1 Frecha

Iso mesmo pensan na redacción sabonita de La Vox de Galicia.