O coronavirus frea a venda de vivendas e as hipotecas en Galicia

A firma de hipotecas sobre vivendas cae un 17,6% en marzo en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/05/2020 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

O número de hipotecas constituídas sobre vivendas inscritas nos rexistros da propiedade situouse en 771 o pasado mes de marzo en Galicia, cifra que supón un 17,6% menos que no mesmo mes de 2019, segundo informou este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE), que lembra que os datos proceden de escrituras públicas realizadas anteriormente.

En concreto, na comunidade autónoma galega o número de hipotecas inscritas en marzo supón un descenso, en termos de variación mensual, do 25,5%. O capital prestado ascendeu a 76,5 millóns de euros, o que supuxo un descenso, en termos de variación anual, do 16,1%, e do 23,1% en variación mensual.

A nivel estatal, o número de hipotecas constituídas sobre vivendas inscritas nos rexistros da propiedade situouse en 26.382 o pasado mes de marzo, cifra que supón un 14,6% menos que en igual mes de 2019 e que é a máis baixa nun mes de marzo desde 2016.

Co retroceso interanual experimentado en marzo, no que a crise sanitaria provocou a declaración do estado de alarma, a firma de hipotecas sobre vivendas regresou a taxas interanuais negativas despois de tres meses consecutivos de ascensos.

De acordo cos datos difundidos polo INE, o importe medio das hipotecas sobre vivendas aumentou un 1,6% respecto de marzo de 2019, ata os 127.888 euros, mentres que o capital prestado baixou un 13,3% en taxa interanual, ata os 3.373 millóns de euros.

En termos mensuais (marzo sobre febreiro), o número de hipotecas sobre vivendas afundiuse un 26,8%, mentres que o capital prestado para este tipo de hipotecas esborrallouse un 46,9%. En ambos os casos trátase dos maiores retrocesos nun mes de marzo en polo menos cinco anos. As comunidades con maior número de hipotecas constituídas sobre vivendas en marzo son Andalucía (5.223), Cataluña (4.917) e Comunidade de Madrid (4.417).

Evolución do número de hipotecas asinadas para vivendas en Galicia ata marzo de 2020 (INE). EPDATA
Evolución do número de hipotecas asinadas para vivendas en Galicia ata marzo de 2020 (INE). EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta