Investigan se os catro mozos que caeron por un terraplén na Coruña estaban de festa

Os feitos aconteceron ás catro da madrugada deste mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2020 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

Catro mozos resultaron feridos esta madrugada tras caer por un terraplén no polígono de Vío, na Coruña, segundo informaron a Europa Press desde os Bombeiros e a Policía Nacional, que abriu unha investigación para esclarecer os feitos e determinar se se atopaban de "festa" a esas horas.

Un portavoz dos Bombeiros da Coruña precisou foi a Policía Nacional as que lles deu aviso, ao redor das catro da madrugada, do suceso tras unha caída de "uns 10 ou 15 metros" por un terraplén.

"Caeron dunha zona a outra", precisaron desde o Corpo de Bombeiros apuntando aos desniveis existentes nese lugar. Tamén indicaron que non foi necesario usar para o rescate a autoescala ao ter acceso o lugar onde caeran os mozos.

Á zona, desprazouse tamén persoal do 061, que procedeu ao traslado dos mozos ao Hospital da Coruña. Fontes hospitalarias sinalaron que "un dos feridos atópase ingresado en planta e aos outros tres daráselles en alta".

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta