A Xunta ve "decisivos" os Grupos de Desenvolvemento Rural na reactivación económica

O conselleiro de Medio Rural pediulles "colaboración para concretar medidas" a favor do rural.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2020 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, considera "decisiva" a implicación dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia na reactivación económica e social do campo tras as dificultades xeradas pola crise sanitaria.

Nestes grupos están representadas todas as entidades dinámicas e multisectoriais que agrupan a axentes socioeconómicos de cada zona interesados polo desenvolvemento de todo a contorna rural e por este motivo, como axentes en contacto coa poboación, González pediulles "colaboración para concretar medidas" a favor do rural.

Así llo trasladou o conselleiro nunha reunión telemática que este mércores mantivo con representantes dos GDR e na que tamén participou o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois.

Nela, analizaron a posibilidade de "impulsar medidas" para o sector agroalimentario, gandeiro, forestal, turístico, ambiental ou o pequeno comercio. Neste sentido, González subliñou a proximidade ao territorio destas asociacións, que "funcionan cunha "dinámica de traballo participativa, de abaixo-arriba e que implica a toda a sociedade na toma de decisións".

Ademais, teñen como base os recursos locais, a colaboración e o traballo en rede, buscan a innovación e facilitan os procesos de cambio no rural. Por todos estes motivos, o conselleiro considera que son axentes "decisivos".

O conselleiro de Medio Rural, José González, nunha reunión cos Grupos de Desenvolvemento Rural. XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO / Europa Press
O conselleiro de Medio Rural, José González, nunha reunión cos Grupos de Desenvolvemento Rural. XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta