O Concello da Coruña emite unha serie de vídeos formativos para buscar traballo

Hai vídeos sobre prestacións e subsidios en tempos do COVID-19; o emprego por sectores na crise sanitaria ou a planificación na procura de emprego.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/05/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O Servizo Municipal de Emprego do Concello da Coruña publicou na súa páxina web e nas súas redes sociais unha serie de vídeos formativos de curta duración, sobre diversas temáticas, co fin de axudar ás persoas desempregadas na procura de emprego.

Segundo informa, son vídeos dinámicos nos que se se explica, de forma resumida, "como realizar unha entrevista de traballo a través de vídeo chamada, como pór en valor a experiencia profesional e cales son os novos sectores profesionais con posibilidades de xerar emprego nesta situación de crise sanitaria".

Sobre esta iniciativa, asegura que se trata dun recurso que "cobra especial importancia no contexto social e económico provocado polo COVID-19 xa que a información que se recolle está adaptada ás novas necesidades xeradas pola pandemia no ámbito da formación e o emprego".

Entre outros, hai vídeos sobre prestacións e subsidios en tempos do COVID-19; o emprego por sectores na crise sanitaria ou a planificación na procura de emprego.

Emprego. EUROPA PRESS - Arquivo
Emprego. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta