Este xoves reabre o prazo de inscrición para as probas de obtención do Celga, que serán en setembro e outubro

Os interesados poderán inscribirse a partir deste xoves e ata o 16 de xuño a través dun formulario habilitado na sede electrónica da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2020 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O período para inscribirse nas probas para obter o Celga, que acredita o coñecemento da lingua galega en catro niveis, renóvase este xoves despois de permanecer interrompido desde mediados de marzo pola crise do coronavirus.

Finalmente, os exames realizaranse os meses de setembro e outubro en Santiago de Compostela e Ponferrada. As datas concretas serán anunciadas proximamente, segundo informa a Xunta nun comunicado.

Deste xeito, os interesados poderán inscribirse a partir deste xoves e ata o 16 de xuño a través dun formulario habilitado na sede electrónica da Xunta.

O sistema Celga, creado en 2007, acredita o coñecemento da lingua galega en cinco niveis e está adaptado ao marco europeo común de referencia.

Exame do curso de galego do Celga
Exame do curso de galego do Celga | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta