Este mércores non se comunicaron novas mortes pola COVID-19 e Sanidade anuncia que son seis xornadas sen falecementos

As seis xornadas sen mortos son días discontinuos, 29 de abril, 14, 18, 19 e 25 de maio así como este mércores.Non se rexistraron falecementos no interior das residencias de maiores desde hai máis de dúas semanas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2020 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia



Os hospitais galegos non comunicaron ningún falecido nesta xornada de mércores por sexto día desde os inicios da crise sanitaria.

Ata este mércores, faleceron en Galicia 615 persoas con coronavirus --483 en atención hospitalaria e 132 dentro de residencias de maiores--. Non se rexistraron falecementos no interior das residencias de maiores desde hai máis de dúas semanas.

Os anteriores días sen mortes atribuídas á pandemia en hospitais foron os pasados 29 de abril, 14, 18, 19 e 25 de maio, así como este mércores.

A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse o 14 de marzo, unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.

Neses días, os primeiros da alerta sanitaria en Galicia, nos que a comunidade contaba con menos de 300 casos activos, houbo dúas xornadas nas que non se rexistrou ningunha morte hospitalaria, o 15 de marzo e o 17 de marzo.

A partir do 18, cando as vítimas mortais en Galicia ascendían xa a catro persoas, os hospitais da comunidade comunicaron falecementos todos os días, excepto en seis ocasiones.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta