O Festival Mar de Mares mantense para o 24 e o 27 de setembro na Coruña

Desde o seu inicio, reuniu na cidade herculina a máis de 150.000 persoas a través de máis de 100 actividades organizadas no seis edicións anteriores.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/05/2020 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

A Coruña acollerá do 24 ao 27 de setembro unha nova edición do Festival Mar de Mares, un encontro que reúne expertos de todo o mundo sobre o universo mariño e a importancia da conservación. Algunhas das máis de 20 actividades, entre as que haberá exposicións, encontros, visitas, talleres ou gastronomía, prolongaranse ata finais de outubro.

Segundo informa a organización, nesta nova edición "o activismo" terá especial relevancia "nun ano en que é máis necesario que nunca reconstruír e reformular nosa relación co medio mariño". Ademais, sinalan que o festival busca ser "un lugar de encontro para a posta en común de ideas e propostas colectivas" e "un motor de esperanza e de ferramentas para o cambio".

Nesta edición, manterá o seu enfoque multidisciplinar con formatos tan diferentes como a fotografía, a literatura ou a gastronomía. Desde o seu inicio, reuniu na cidade herculina a máis de 150.000 persoas a través de máis de 100 actividades organizadas no seis edicións anteriores.

Navegando polo mar
Navegando polo mar | Fonte: SALVAMENTO MARÍTIMO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta