Temas: ELECCIóNS 12X

Galicia en Común-Anova Mareas repite a coalición do 5A para os próximos comicios

Haberá polo menos catro alianzas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O prazo para a presentación de coalicións finaliza este venres 29 de maio co panorama máis despexado que para o 5 de abril, aínda que haberá que esperar aínda á última xornada para despexar as incógnitas das alianzas, previsiblemente catro para a cita do próximo 12 de xullo.

Galicia en Común-Anova Mareas, que para a pasada cita do 5 de abril apurou os trámites ao fío da medianoite, rexistrou xa este xoves, con máis de 24 horas de marxe, a súa coalición ante a xunta electoral, na que pediran cita previa para poder cumprir con este trámite de forma presencial, como é preceptivo agora no Pazo do Hórreo.

Os termos son os mesmos que os pactados para o 5 de abril e unicamente se recollen un par de modificacións ou matizacións fronte ao que se fixo naquela ocasión, nas que apenas cinco minutos antes da medianoite non se asinara o acordo finalmente rexistrado.

Así, segundo fontes da coalición consultadas por Europa Press, no pacto económico queda máis concreto especificado. O 70 por cento dos recursos económicos son para a rama Unidas Podemos --a repartir entre Podemos e Esquerda Unida, aínda que non queda plasmado como é a distribución--. O 30 por cento restante é para Anova que, no propio acordo rexistrado ante a xunta electoral, especifícase que o poderá repartir.

Isto débese a que a coalición a asinan as tres organizacións políticas, unha das cuestións que mantivo tirante a negociación posto que as mareas municipalistas, singularmente as da Coruña e Compostela, non figuraban como asinantes, aínda que Anova as incluíu na súa cota.

REPARTICIÓN ECONÓMICA E LOGOTIPO

No acordo que se rexistrou para as eleccións do 12 de xullo, segundo as fontes consultadas, repártese o 70 por cento dos recursos para a 'pata' Galicia en Común e o 30 por cento para Anova, pero cun 19 por cento para a formación nacionalista, un 6 por cento para Marea Atlántica e un 5 por cento para Compostela Aberta.

Aínda que nesta ocasión quedou ratificado o acordo, no que figura que Antón Gómez-Reino (o número uno pola Coruña) é o candidato da coalición á Presidencia da Xunta, no proceso anterior cancelado a coalición rexistrou varios escritos para emendar o documento rexistrado a última hora.

Entre eles, os membros da coalición, segundo figuran nos sucesivos escritos ante a xunta electoral rexistrados e solicitados por Europa Press, acabouse modificando o logotipo para destacar a presenza de Esquerda Unida por encima das siglas de Anova Mareas.

OUTRAS TRES COALICIÓNS PREVISTAS

Á marxe desta coalición, En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista negociaron na última semana unha coalición que está próxima a frutificar, pero que polo menos terá que esperar a este venres a ser rexistrada ante a xunta electoral. A ela tamén se sumarían varias marcas municipalistas.

En Marea decidiu non presentarse ás eleccións do pasado 5 de abril, pero nesta ocasión, pesaron máis as voces que quedan na formación e que apostan por concorrer cunha nova alternativa. Compromiso por Galicia si que presentara candidaturas nas catro provincias, aínda que tamén asinara unha coalición nas pasadas eleccións (Nós Galeguistas) xunto a Vía Nova Galicia, segundo figura na xunta electoral.

Ademais, concorrerán en coalición Espazo Común, a formación impulsada polo que fora secretario xeral do PSdeG Manuel 'Pachi' Vázquez, xunto a Recortes Cero e Os Verdes de face ás próximas eleccións autonómicas do 12 de xullo.

UNIDOS POLO FUTURO!

A cuarta coalición chámase Unidos polo futuro!, e é a alianza de Unidos pola Solidariedade Internacional, Democracia Efectiva e Unión Demócrata do Pobo, cuxo presidente, José Carlos Seoane Osorno ratificou a Europa Press que volverán concorrer ás próximas eleccións do 12 de xullo.

"Traemos un proxecto novo, unhas ideas revolucionarias, unha nova maneira de facer política e de democracia", asegurou, en declaracións a Europa Press, o presidente de Unión Demócrata do Pobo, a formación galega de referencia neste pacto e que achega a maioría de nomes ás listas electorais.

Seoane Osorno indicou que o que "une" a estas formacións políticas é "a democracia directa" e unha concepción "federal" do Estado español. "Pretendemos unha democracia directa, en que a xente poida participar durante toda a lexislatura", explicou.

Ademais, definiuse como "federalistas", xa que apostan por un Estado "confederal" que sirva para "solucionar todos os problemas identitarios" que actualmente alberga España. "A democracia directa e participativa non hai ningún partido que a poña en práctica. Parece que teñen medo a que os cidadáns poidan decidir e participar", remarcou.

CIUDADANOS

Mentres, Ciudadanos está a insistir ao PPdeG para concorrer en coalición ás eleccións autonómicas do 12 de xullo, a pesar de que xa o tentaron en febreiro e non foi posible alcanzar un acordo.

Pola súa banda, o PPdeG, con Alberto Núñez Feijóo á fronte, segue sen abrirse a esta fórmula e prefire presentarse coas súas propias siglas. Os populares sosteñen que o seu proxecto está "consolidado" en Galicia, onde o presidente da Xunta logrou tres maiorías absolutas consecutivas.

Roda de prensa do portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino. GALICIA EN COMÚN
Roda de prensa do portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino. GALICIA EN COMÚN

Temas: ELECCIóNS 12X
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Helvira

Madrillegos.

2 Gamela

Dende o 15M a reivindicación de todos era participar directamente nas decisións políticas, algúns colleron esa táboa de salvación para montar un partido político clásico e clasista (?) Conventindo a democracia directa en simple caricatura vía redes sociais e votacións virtuais... O dano está feito e será moi dificil volver a un 15M sen partidos nin patróns ! Posiblemente cando pasen os anos (e os danos colaterais) comprenderemos que era o único xeito verdadeiramente democrático de Gobernar ! https://twitter.com/00Gamela/status... Suiza para nós é tan só un pais de Emigración ! Lástima de bois...!

1 Gamela

70 / 30 ¿e logo que é o que teñen en Común?