A Xunta demanda ao Goberno que defenda vincular o acordo de pesca ao de libre comercio no Brexit

O Executivo trasladou á ministra de Política Territorial a petición para que os Gobernos español e luso habiliten máis pasos fronteirizos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

A Xunta demanda o Goberno central que defenda vincular o acordo de pesca ao de libre comercio nas negociacións do Brexit.

Na tarde deste xoves, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na videoconferencia da 62ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (Carue).

Así, o Goberno galego solicita que se garanta a reprocidade no acceso ás augas e unha negociación plurianual das cotas de pesca en lugar da anual que propón Reino Unido cun acordo sectorial e independente. Actualmente, 1.700 mariñeiros traballan en buques galegos.

Así mesmo, na reunión a Xunta trasladou á ministra de Política Territorial, Carolina Darias, a petición conxunta acordada co Norte de Portugal para que os Gobernos español e luso habiliten máis pasos fronteirizos.

Xunto a isto, Alfonso Rueda trasladou a necesidade dunha maior implicación das comunidades no plan de recuperación da Comisión Europea.

Noutra orde de cousas, Rueda reuniuse este xoves por videoconferencia co presidente do Consello da Avogacía Galega, Ramón Jáudenes, e co presidente do Consello Galego dos Procuradores dos Tribunais, Fernando González-Concheiro, para abordar as súas demandas ante a situación polo coronavirus.

O vicepresidente de Galicia, Alfonso Rueda. Pool
O vicepresidente de Galicia, Alfonso Rueda. Pool

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta