O PP presenta unha moción evitando as crítica a xestión das residencias privadas e defendendo o papel da Xunta

Familiares urxen un cambio de residencias: "Deixen os motivos políticos para aprender dos erros aprendidos". O pleno de Santiago aproba dúas iniciativas para reclamar que se investigue o sucedido nestas instalacións durante a pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020 | Actualizada ás 23:25

Comparte esta noticia

Os familiares dos usuarios da residencia de San Lázaro, en Santiago, onde faleceron 50 persoas por mor da COVID-19, pediron este xoves a unión de todos os implicados, desde a sociedade ás administracións, para "cambiar radicalmente o modelo de atención" á terceira idade e evitar que un rebrote na enfermidade repita o sucedido neste tipo de centros en Galicia e en España. Unha petición que rematou coa presentación de dúas mocións, unha do PP, e a outra de Compostela Aberta, o PSdeG e o BNG sobre o modelo de residencias.

"Todos xuntos temos que evitar que ocorran de novo estes feitos se queremos chamarnos unha sociedade civilizada", dixo un portavoz do colectivo, Javier Quián, durante unha intervención no pleno do Concello de Santiago, onde este xoves se debatían dúas mocións para solicitar unha investigación sobre os falecementos a causa do coronavirus en residencias privadas.

Ao comezo da sesión tomou a palabra un representante dos familiares de usuarios da residencia de San Lázaro, onde 50 usuarios perderon a vida e un centenar infectouse de coronavirus, segundo narrou, buscando "darlle voz a esta traxedia".

O portavoz contou que o 16 de marzo, desde esta residencia derivouse ao hospital clínico a un residente, que "volveu diagnosticado" de COVID-19. Con todo, "en lugar de ter un protocolo de illamento na planta baixa, de enfermaría", contou, "levou á segunda planta, illándoa tamén, pero pondo en risco a outros 60 usuarios". "O virus estendeuse a outras plantas e a xente que estaba illada infectouse tamén", narrou.

Tras agradecer o "gran esforzo de todos os traballadores", o portavoz instou a "traballar todos xuntos" para "corrixir cousas" e que, en caso dun rebrote da doenza, "cousas como esta non volvan producirse". "Urxe cambiar radicalmente o modelo de protección dos anciáns", dixo o interveniente, para quen as residencias "foron creadas para protexelos", pero "convertéronse" hoxe en día "en cárceres onde esperan a morte". "Deixen ao carón motivos políticos para aprender dos erros aprendidos", reclamou.

DÚAS INICIATIVAS

O pleno municipal deste xoves debateu dúas mocións relacionadas cos falecementos nas residencias de anciáns durante a pandemia de COVID-19, que foron aprobadas.

Unha delas, que reclamaba á Xunta e ao Parlamento que investiguen a xestión das residencias privadas neste ámbito, foi presentada de maneira conxunta polos grupos de BNG, Compostela Aberta e PSOE, e aprobada coa abstención do PP. A moción presentada polo PP, que eliminaba as críticas á xestión privada e defendía o labor da Xunta, saíu adiante cos votos deste grupo e a abstención dos restantes.

Unha muller de 100 anos supera o coronavirus e regresa á residencia DomusVi San Lázaro (Santiago). DOMUSVI
Unha muller de 100 anos supera o coronavirus e regresa á residencia DomusVi San Lázaro (Santiago). DOMUSVI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rosa A.

Tristemente miña nai foi unha das falecidas en Domus Vi San Lázaro por a pandilla de ineptos dirección, médico e administradores que os deixaron desprotegidos a todos. Eso ten un nombre. Agardo que se faga xustiza!!!