Robótica no Hospital Clínico de Santiago para procesar miles de mostras de Covid-19 ao día

É o primeiro centro hospitalario de Galicia en recibir os compoñentes da estación robótica que permitirá procesar 2.400 mostras ao día máis.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Santiago incrementa a súa capacidade na atención á pandemia do COVID-19 ao recibir o Hospital Clínico, o primeiro de Galicia, os oito compoñentes da estación robótica que permitirá procesar 2.400 mostras ao día máis.

Test COVID-19 en Galicia
Test COVID-19 en Galicia | Fonte: Xunta.

Así o informou a área sanitaria compostelá, que explica que esta semana o servizo de Microbioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago foi "o primeiro galego" en recibir "os oito elementos da estación robótica de última xeración con capacidade para procesar 2.400 mostras ao día", coa que diagnosticará "maior volume de poboación con posible afectación por COVID-19 dun modo rápido, eficaz e fiable", indicou a xefa deste servizo, María Luisa Pérez de Muíño.

A posta en marcha destes robots de última tecnoloxía baixo as características 'open source' responde, sinalan as mesmas fontes, "á necesidade de dinamizar a realización de test de coronavirus para superar o efecto embude no procesamento das mostras".

As mesmas fontes sanitarias destacaron que se trata dunha doazón dun grupo de empresas, doantes anónimos e fundacións que apoiaron o denominado proxecto 'CovidRobots'.

Así mesmo, destacaron que en Santiago se programará tamén para realizar 'pooles' de mostras , "o que multiplicará por 10 a súa capacidade diagnóstica", sentenciaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta