O PSdeG, que terá o apoio de membros do Goberno en campaña, percibe unha activación do electorado progresista

Gonzalo Caballero avanza que a súa formación porá en marcha unha campaña "propositiva".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2020 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, avanzou que a súa formación porá en marcha de cara ás eleccións galegas do 12 de xullo unha campaña "propositiva", que contará co apoio de membros do Goberno central a medida que avance a normalidade.

O secratario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O secratario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: PSdeG.

O xefe de filas dos socialistas galegos asegurou manter contacto "fluído" coa dirección do PSOE e os membros do Goberno. "Hai unha capacidade de acción conxunta porque temos un claro compromiso con Galicia, conscientes de que para que a Galicia lle vaia ben necesitamos un goberno de progreso", sostivo.

De cara á cita coas urnas, o dirixente socialista asegurou que "as fases de desescalada social van ir acompañadas dunha maior actividade dos partidos" así como dunha "activación do electorado". "Percibo que de aquí ao 12 de xullo haberá un avance cara á normalidade do país e na activación dos votantes progresistas", incidiu.

Na súa intervención, así mesmo, chamou a atención sobre a importancia das eleccións do 12 xullo, nas que "Galicia se vai xogar se segue na inacción das políticas conservadoras" ou se opta por un futuro no que "fortaleza o Estado do Benestar" e de poña en marcha "unha folla de ruta para a reconstrución".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta