Prohibido o acceso ás praias na Coruña a noite de San Xoán

A alcaldesa insiste en que a cidade non vai celebrar esta festividade como en anos anteriores.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/05/2020 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña prohibirá o acceso ás praias na festividade de San Xoán debido á pandemia pola COVID-19, segundo ratificou a alcaldesa, Inés Rey, nunha comparecencia para presentar o plan de reactivación económica e social que promoverá o consistorio para facer fronte á crise sanitaria.

Fogueiras na Coruña en San Xoán
Fogueiras na Coruña en San Xoán | Fonte: Europa Press.

A alcaldesa insistiu en que a cidade non vai celebrar esta festividade —na que tradicionalmente se concentran miles de persoas nos areais coruñeses para facer as fogueiras— "como outros anos".

"Non haberá San Xoán nas praias, nin concentracións de xente nos areais", explicou. Respecto diso, ratificou que se precintarán as praias e prohibirase a entrada aos areais tanto para concentracións de xente como "para o simulacro de botellón".

"No centro está a saúde", dixo a rexedora, insistindo que a pandemia "non terminou" a pesar de que se estean rexistrando unhas cifras "alentadoras".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta