O presidente da Xunta pide xestionar tamén o ingreso mínimo vital impulsado por Pablo Iglesias

Defende o "autogoberno" de Galicia para xestionar esta paga que tenta mitigar a pobreza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2020 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou descoñecer os detalles do ingreso mínimo vital aprobado polo Goberno central, pero reivindicou a súa xestión por parte das autonomías --tras incidir na súa cesión a Euskadi e Navarra-, e defendeu que vaia unido a un itinerario de procura de emprego.

O Executivo estatal aprobou esta renda mínima coa que, segundo avanzou, aspira a reducir nun 80% a pobreza extrema en España. Esta prestación chegará a 850.000 fogares (un 16% deles monoparentais), dos cales 100.000 recibirana de oficio a finais deste mes de xuño, e oscilará entre os 460 e os 1.000 euros dependendo da composición do fogar.

Preguntado respecto diso, tras a reunión semanal do Consello da Xunta, Feijóo advertiu que, debido á situación que vive España, este ingreso mínimo debería ir unido a un itinerario de procura de emprego e insistiu na xestión autonómica, igual que as comunidades se ocupan das pensións non contributivas e, no caso galego, da súa propia Risga.

"É o que facemos desde o principio do autogoberno e dos estatutos de autonomía", remarcou o presidente galego. De feito, concluíu que espera que "o que se decidiu para País Vasco, se decida para o conxunto de comunidades".

Pablo Iglesias
Pablo Iglesias | Fonte: @ Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta